Ribadeo, 23 de maio de 2019. O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ribadeo, Jesús Pérez Moreda, reclama a posta en marcha inmediata dun plan de xestión nas Catedrais, que podería xerar a lo menos 500.000 euros de ingresos anuais ás arcas publicas, para investir en servizos socias e infraestruturas e varios postos de traballo fixos.
O alcaldable de CxG lembrou nas ultimas horas o seu compromiso de mellorar a política turística de Ribadeo, “temos a obriga de comezar a sacar rendabilidade tanto ás arcas municipais como especialmente aos comerciantes e hostaleiros ás tres principais empresas de Ribadeo, que son a praia das Catedrais, o Camiño de Santiago e a Ponte dos Santos”.
Segundo Perez Moreda “estamos a vivir de costas a todo canto pode deixar cartos en Ribadeo. O maior numero de visitantes e consumidores do comercio e da hostalaría ribadense veñen do outro lado da Ponte dos Santos, e sen embargo estase a descoidar por completo a promoción turística de Ribadeo en Asturias. Temos un tesouro como é o Camiño de Santiago, que pasa por Ribadeo, declarado Patrimonio da Humanidade, que podería implicar publicidade gratuíta para Ribadeo a nivel mundial, e está sen explotar; e na praia das Catedrais, temos a maior fonte de ingresos posible e na que se podería estar a recadar para mellorar os servizos públicos… é a grande asinatura pendente, desde o meu punto de vista”.
A proposta de Compromiso por Galicia a estas cuestións, segundo o seu candidato son “a mellora e aumento da promoción de Ribadeo e das súas actividades en toda Asturias; non é normal que nos gastemos os cartos pegando carteis pola nosa vila adiante e non promocionemos Ribadeo en todo Occidente astur e incluso en Oviedo, Xixón, Avilés, e se me apuras ata en Santander, que coa autovía non está tan lonxe. A promoción de Ribadeo como punto de partida do Camiño de Santiago, iso fará da nosa vila un referente para os milleiros de persoas que peregrinan durante o ano. E a implantación dun sistema de cobro nos aparcamentos das Catedrais, solo con iso podemos recadar 500.000 euros e xerar varios postos de traballo fixos, sen contar a posibilidade de cobrar por baixar ao areal, co que poderiamos duplicar eses ingresos ata 1 millón de euros. Ninguén se imaxina canto se pode facer nun concello cun millón de euros mais de presuposto; mellorar os sistemas de atención os maiores, mellorar as infraestruturas deficientes, aumentar as axudas a clubs e asociacións, aumentar as actividades culturais…”.
O candidato de CxG aclara que “Ribadeo non só pode vivir da xente que chega de fora as fins de semana. Precisamos recibir máis turistas, máis visitantes durante todo o ano, máis peregrinos… a economía local sobrevive día a día grazas aos veciños e veciñas de Ribadeo e aos da contorna, que nos teñen como referente hostaleiro e comercial, pero queremos pasar de sobrevivir a vivir en maiúsculas e para iso precisamos recibir a moita máis xente durante os doce meses do ano, non só no verán e na Semana Santa”.
A Pérez Moreda parécelle “lamentable ler as propostas que fan dende algún outro partido. O señor Suárez directamente non propón nada novo, pretende vivir do xa feito como se non houbera moito que mellorar. E dende o PSOE, seguindo os consellos dos seus asesores, aqueles que facilitaron a maioría absoluta de Fernando por deixadez ou incompetencia, e que na súa etapa pagaban viaxes no Feve como queren volver facer agora en vez de reivindicar un mellor servizo do tren para os veciños e veciñas. E que o único que se recorda dese mandato e o ascensor da Atalaia”.
O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ribadeo resaltou tamén “a importancia que ten para o turismo, e por tanto para a economía local, a labor que fan clubs e asociacións ao longo do ano, cos diferentes eventos e torneos. Desde o Concello deben dárselles mais facilidades e telos mais en conta do que se fixo ata o de agora” e conclúe: “tamén é vital ser conscientes de que temos que cambiar a axenda cultural da nosa vila, que leva anos secuestrada por complexos lingüísticos, ideolóxicos e nacionalistas. Se queremos ser un referente cultural e que realmente estas actividades supoñan un atractivo turístico debemos ampliar a oferta a actuacións musicais, artísticas, de humor…. de todo o país, como fan noutros concellos próximos, que si son referentes de axenda cultural nos últimos anos, cousa que en Ribadeo non acontece”.