Lourenzá 28-5-19. Fer Vallines logo dun mellor lanzamento co peso de 4 kilos de 13,84 logrou adxudicarse o Campionato Galego e realizou a marca mínima para representarnos no vindeiro Campionato de España sub-16 (13.75) que se disputará o vindeiro 7 de xullo en Xixón. Ademais ten todas as papeletas para viaxar a mediados de xuño coa selección galega a Madrid para partir no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Subíu ó pódium unha vez máis Ana Vallines, nos 3000 lisos xuvenil cun tempo de 11,31,51 (a 3,50 o kilómetro).
Uxía Salvatierra clasificouse nas semifinais de 100 valados para a final cun tempo de 18,10 e foi 6ª na gran final con 17,65.
Alberto Ratoeira competía nos 300 lisos, realizando unha marca de 43,13 para ser 5º da xeral.
Carme Alonso actuou nos 1500 obstáculos, cun tempo de 6,33 para ser 9ª.
Iria Otero competía nos 3000 lisos, acadando a 9ª praza cun tempo de 12,13,79. O seu compañeiro Manu Rodríguez tamén participaba nos 3000, acadando unha meritoria 4ª praza cun tempo final de 10,14.
Finalmente, Marcos Rivas estivo nos 1500, cun 12º posto final cunha marca de 4,56.