Site icon Crónica3.com A Mariña

FPDF comprométese a reorganizar o tráfico da Avda. da Mariña e Álvaro Cunqueiro, facer un plan de recuperación das parroquias e dotar novamente ós maiores dun local social

Foz a 15 de Maio de 2019. O Candidato á Alcaldía de Foz, Luis Alfonso sixto legaspi comprométome cos veciños do noso Concello a que si son o próximo Alcalde de Foz, unha das primeiras medidas que vou tomar, vai ser, volver a por a circulación da Avda. da Mariña e Álvaro Cunqueiro como estaba antes das obras. Non entendemos nin compartimos como o Alcalde de Foz tomou a decisión de facer o cambio actual, complicando a vida ós residentes,ós veciños das parroquias que veñen ó casco urbano, ós visitantes, e o mais importante de todo cremos perxudicando o noso comercio local.

AS NOSAS PARROQUIAS
Tamén me comprometo ó mesmo tempo nos primeiros días do meu mandato a facer un plan de recuperación das nosas parroquias. Da pena ver o estado lamentable que presentan as pistas, camiños, cunetas, alumeados das distintas parroquias do noso Concello, así como ver a desesperación dos veciños delas, que se senten abandonados sen que ninguén lles faga caso. Os nosos veciños das parroquias non nos piden mega obras, pídennos que os servizos básicos do día a día estean ben, poder ter unha boa cobertura de telefonía, poder recibir as sinales de tv, sen problemas, poder escoitar radio Foz, cunetas limpas, estradas asfaltadas e un bon alumeado.

OS NOSOS MAIORES
Comprométome cos nos maiores a recuperar un local social, coma o que tiñan. Hoxe en día os nosos maiores que queren xuntarse para botar unha partida, para falar, para tomar un café teñen que acudir a un bar para poder facelo. Pois ben, eu entendo, que os nosos maiores teñen dereito a ter un local coma o que tiñan ata fai uns meses, un local de referencia, un local público onde poidan estar na súa intimidade, sen que ninguén os moleste e poidan estar tranquilos

Exit mobile version