Foz 16-5-19. Luis alfonso Sixto Legaspi, candidato á Alcaldía de Foz, mostra a súa sorpresa e indignación ante a suspensión do debate que se iba a celebrar este xoves no salón de actos do IES de Foz, e pide que se celebre un debate público no noso Concello, como fai catro anos, entre os cinco candidatos que concorremos ás vindeiras eleccións municipais do noso Concello.
Sorpresa maiúscula a que recibín este xoves pola mañá, cando recibín unha chamada telefónica do Director do IES de Foz, comunicándome que non podía levar a cabo o debate que se ía celebrar hoxe xoves ás 12:00 da mañá no seu centro. Os motivos que recibira unha chamada telefónica da Delegación de educación indicándolle que prohibía que se celebrara dito acto.
Dende a miña formación queremos expresar o noso total desacordo con tal decisión da Delegación de educación e entendémolo como un acto de secuestro da liberdade electoral, vemos que o PP está destrais destra manobra, e ten medo a enfrentarse a render contas ós nosos rapaces e ós nosos veciños, así como ten medo tamén a expoñer o seu programa cara os vindeiros catro anos.
Damos as grazas publicamente o equipo directivo do IES de Foz por haber organizado e traballado estes días na celebración deste debate, e por habernos invitado, e animámolos a que sigan traballando para que se poidan seguir celebrando estes debates que entendemos que son necesarios e bos.
Así mesmo pedimos publicamente que se poida celebrar un debate público no noso Concello cos cinco candidatos que concorremos ás vindeiras eleccións municipais do 26 de Maio.