Nos últimos días, veciños da parroquia de Vilaronte nos manifestaban distintas deficiencias nesta parroquia. Unha delas esta que traemos hoxe Pleno desta Corporación Municipal, relacionada coa estrada propiedade da Xunta de Galicia LU-152, estrada que une Foz e O Valadouro e atravesa a parroquia de Vilaronte. Así dende a nosa formación puidemos comprobar e adxuntamos fotos, do estado no que se atopan dúas isletas que quedaron entre a estrada antiga e nova, na parroquia de Vilaronte, á altura da entrada do Cementerio a dita parroquia. Podemos comprobar polo seu estada que non deberon ser limpas dende a construción da nova estrada.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, territorio e infractructuras), procedan a limpar as distintas isletas que quedaron na LU-152 na parroquia de Vilaronte, á altura da entrada ó Cementerio de dita parroquia, xa que non foron limpas dende a construción da nova estrada.