Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves, 2 de maio, terá lugar a presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Ribadeo

Un plan de traballo plurianual que vai do 2019 ata o 2022 marcando as prioridades e as liñas de acción nos diferentes eidos para seguir implementando as polítiicas de igualdade no Concello e dar pasos cara un Ribadeo en igualdade. Trátase dun acto aberto ao público que se celebrará ás 20 horas no salón de plenos do Concello. Intervirán: a concelleira de Educación e Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, así como a equipa técnica responsable da elaboración deste plan. Ao remate haberá unha proxección audiovisual e coloquio.

Exit mobile version