Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado día 4, ás 12 h. haberá unha concentración diante do Concello de Ribadeo. A coordinadora de xubilados de Modepen fai un novo chamamento a toda a sociedade para que se mobilice por unhas pensións dignas e a consolidación do IPC como índice de revalorización das mesmas

O troco político experimentado na convocatoria das elecións xerais, non vai producir unha desmovilización a pesares de gañar as forzas progresistas. Estaremos atentos a aprobación das nosas propostas por parte do novo governo e a ser tidos en conta en todas as mesas de negociacions que se abran. As nosas reivindicacións seguen máis vivas ca nunca e seguiremos expectantes, afirman dende Modepen.

Exit mobile version