Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios aos gañadores dos concursos de lemas e de debuxo-pintura para a eliminación da discriminación racial de Burela

 Burela, 7 de maio de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, entregaron os premios dos Concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2019.
Os gañadores foron os seguintes:
VI Concurso de Lemas
O lema gañador foi “Se culturas queres aprender, tolerante debes ser”, de María Oroza Oroza.
VI Concurso de Debuxo-Pintura
*1º Categoría: 1º premio – Claudia Fraga Canel
2º Premio – Laura Mosquera García
*2º Categoría: 1º Premio – Lin Vizoso López
*3º Categoría: 1º Premio – José Lopez Losada
2º premio – Colectivo dos/as usuarios/as da Fundación Eu Son.
Dende a Concellería de Inmigración e Cooperación felicitan aos gañadores e agradécenlles a todos os participantes a súa participación nesta actividade.

Exit mobile version