Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea Ribadeo sobre o convenio da torre dos Moreno

Ribadeo 14-5-19. A semana pasada a Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo aprobou definitivamente o convenio de cesión a Paisajes de Asturias do 21 % deste inmoble que é propiedade do concello a cambio de que esta empresa ceda un edificio restaurado na Praza de Abaixo que sería destinado a Xuzgado de Paz.

Os nosos comentarios son os seguintes:

1.- O convenio non foi publicitado polo concello en nengún momento da negociación e permanece no segredo dos despachos sen negunha posibilidade de participación ou opinión por parte da veciñanza. O secretismo abarca tamén ás negociacións e propostas de ambalas duas partes e tampouco se coñecen posibeis xestións diante de outras administración ou entidades que puideran estar interesadas.

2.- Pesie a elo temos algunhas informacións, que transmitimos ás ribadenses:

O 21 % do concello foi tasado en 180.000 euros, cantidade que nos parece ridícula tendo en conta que a valoración das obras acometidas en anos anteriores, por medio de subvencións ou aportacions do concello ronda os 600.000 euros (dato absolutamente fiable). Esto significa que os 420.000 euros de diferencia (cartos públicos) quedarían a fondo perdido para a empresa devandita.
Non está redactado un proxecto técnico de restauración polo tanto é imposible saber o que ten pensado facer a empresa adxudicataria. Descoñécese tamén se existe un prazo de execución da restauración pero ao non haber proxecto técnico sería unha simple estimación pouco creible. O mesmo se pode decir dos custes da restauración. Todos eles datos decisivos para a viabilidade do proxecto.

3.- Sen entrar a facer nengún tipo de valoración é doado constatar que a empresa devandita leva uns doce anos restaurando o Pazo de Trenor nas Figueiras e ainda non ten nengún tipo de actividade, o mesmo que as Torres de Donlebún. Tampouco se sabe nada de cando se van rematar as obras da Casa dos Perecitos nen do cine Colón. En outros edificios da mesma empresa ainda non se iniciaron as obras.

En resumen, dende o noso ponto de vista, o convenio devandito ten moi poucas posibilidades de facerse realidade, o concello lávase as mans e quítase o problema de enriba sen negunha garantía de execución, os que veñan detrás veranse metidos nunha lameira administrativa e a torre seguirá deteriorándose cas consecuencias que todos coñecemos.

Lamentamos profundamente que este asunto se puxese de actualidade en plena campaña das elecciós municipais, pero resulta obvio non temos nengunha responsabilidade.

Exit mobile version