Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia preside o Comité Electoral do PP de Lugo para analizar os resultados dos pasados comicios e planificar o 26M

 Lugo, 03 maio, 2019. A presidenta provincial, Elena Candia, presidiu esta tarde a reunión do Comité Electoral do PP de Lugo para analizar os resultados dos pasados comicios e planificar ao 26M. Precisamente, no marco deste encontro, a dirixente dos populares na provincia destacou que o resultado acadado “non foi nin moito menos satisfactorio”. Con todo, e lonxe de amosarse triunfalista, lembrou que esta formación tivo “un plus de resistencia” nesta provincia, tendo en conta o contexto xeral. Tal é así que, “seguimos ser a opción preferida polso lucenses. Ademais, Lugo é unha das catro provincias de España onde gaña o PP, xunto a Ourense, Ávila e Salamanca e xunto á cidade autónoma de Melilla”, apuntou.

O Partido Popular en Lugo mantén os tres senadores con 6.607 votos de diferencia entre o senador popular e socialista máis votado, José Manuel Barreiro e César Mogo, respectivamente.

En termos comparativos:

O PP de Lugo tivo unha porcentaxe de voto do 33,61% para o Congreso.
Superouse en 17 puntos o resultado medio nacional (16,70%, +16,91 puntos).
Superouse en 6 puntos o resultado medio galego (27,39%, +6,22 puntos).
Superouse en 8 puntos os resultados de Pontevedra (25% son 8,61 puntos) e A Coruña (25,50% son 8,11 puntos). Só supera a Lugo, Ourense en 1,2 puntos (34,81%).

A nivel municipal:

O PP obtivo a vitoria en 42 Concellos dos 67 que compoñen a provincia; o que representa o 62% do total.

Esta formación foi a forza política máis votada en once municipios nos que non goberna: Becerreá, Chantada, Xermade, Guitiriz, O Incio, Meira, Monterroso, Muras, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, Samos.

Tamén foi a opción dos lucenses no exterior ao lograr 474 votos entre os 1.567 electores e superando en 11 papeletas á segunda forza máis votada. O apoio do voto exterior representa o 30,25% fronte ao 29,55% de apoio aos socialistas (0,7 puntos de diferencia).

26M
O encontro, no que tamén participaron o resto de integrantes do Comité Electoral, tamén serviu para preparar o 26M; unha cita moi importante para os populares, e que comezará mañá co acto de presentación de todas as candidaturas en Vilalba. Será ás 19:00 horas, na Praza da Constitución.

Exit mobile version