Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous ouros e unha prata para os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro no Campionato Galego de veteráns de 10 km en ruta

O pasado domingo celebrouse na localidade ourensá de Xinzo de Limia o Campionato galego de 10 km en ruta na categoría de veteráns, cunha participación de máis de 200 atletas. O club viveirense desprazou a 5 atletas, que acadaron 2 ouros e 1 prata. No apartado feminino, na categoría de W60, proclamouse campiona galega Elisa Paz e a súa compañeira en W65, Mari Luz Sanmartín, conseguiu o subcampeonato galego. A outra medalla de ouro foi na categoría masculina en M65 para Domingo Álvarez. Os outros dous atletas que participaron foron: Jose Ángel López que na categoría de M40, ocupou o sexto posto e Andrés Piñón en M45 o sétimo.

Exit mobile version