Site icon Crónica3.com A Mariña

Damián Sánchez quere crear en Foz pistas de atletismo que “abran a posibilidade de celebrar eventos estatais”

 Foz 23-5-19. O candidato de Compromiso Por Galicia (CxG) á alcaldía de Foz, Damián Sánchez traballa para facer realidade a creación de pistas de atletismo para o concello, xa que “considera que é unha necesidade latente na Mariña dende hai anos, dende que se derrubou o complexo de Barreiros”. Damián considera que “a situación en Foz das pistas estaría máis que xustificada fronte ás iniciativas de Lourenzá e Viveiro xa que a vila focega é o punto máis céntrico para os distintos clubs da comarca”.
Damián quere fomentar deste xeito “a cultura de atletismo que teñen os centros educativos da vila, para dar a posibilidade de medrar tanto ao club local como ao resto dos clubs mariñáns que xa non terán que desprazarse ata as instalacións da capital Lucense”. O alcaldable por CxG pensa que “as novas pistas abrirán a posibilidade de celebrar eventos nacionais e estatais que dinamicen Foz, o que situará a vila e a Mariña lucense no mapa do atletismo galego”.
Esta iniciativa cobrou mais forza logo de reunirse o candidato con dirixentes do club de atletismo Ría de Foz e ver de primeira man os medios cos que conta na actualidade, ademais de comprobar a evolución do club en dous anos. “Na actualidade son máis de 50 atletas e medra cada ano sen dispoñer de ningunha instalación apropiada na vila”, advirte Damián, que
recorda que “este club ben de gañar unha proba de resistencia de 6 horas esta fin de semana en Madrid e pór no escaparate español o nome de Foz”. O candidato destaca que “esta proposta non resultaría utópica se temos en conta que podemos adaptar unhas instalación xa existentes como son as do campo municipal de Malates”.

Exit mobile version