Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG celebra a sentenza do TSXG sobre Sargadelos logo de que fora a única formación que se posicionara”

 Burela 16-5-19. Moñita recorda que CxG foi a única formación política que se posicionou en defensa dos dereitos sindicais en Sargadelos e que foi a
única que asistiu como formación política a manifestación convocada
diante dá factoría.
Sempre entendimos que os dereitos sindicais estaban a ser pisoteados e que isto non o podiamos permitir. De permitilo o seguinte paso sería a perda de dereitos dos traballadores e un retroso de séculos nestes dereitos que costou moito conseguir.
Alegrámonos moito de que o TSXG rectificase a sentenza do Xuzgado n2 do social de Lugo e criticamos a actitudes de partidos como a BNG e o PSOE que calaron e miraron para outro lado.
Despois fanse chamar socialistas obreiros ou defensores dos traballadores galegos. Traballadores son todos, non soamente os suxetos a determinadas siglas ou sindicatos.
Onde estaban o señor Urbano Mon, ou señor Llano, o señor Mario Pillado ou o BNG de Cervo cando se estaban a pisotear os dereitos dos traballadores da mariña?

Exit mobile version