Burela 18-5-19. Presenta o Bng de Burela o seu programa e o señor Mario Pillado volve ao ataque coa remunicipalización dos servizos, o novo pavillón e a Edar.
Pouca memoria ten o señor Pillado pero en palabras textuais del “A Xunta do PP marxina a Burela coa nova EDAR, outra promesa do PSOE, por non termos un goberno Popular”, entón como é que agora o BNG de Burela o vai a conseguir se a Xunta segue sendo dos populares? Non ten moita consistencia a promesa do señor Pillado.
Acusaba tamén o señor Pillado ao PP e ao PSOE de Burela de acusarse sempre pero nunca de roerse, co tema do lixo, co tema do xuíz de paz, co tema do pavillón. Pero que fixo o señor Pillado nestes 4 anos?
Co tema da remunicipalización do lixo e a firma do novo contrato mirou e
calou. Tivo a mesma documentación nas mans que tivemos nos, con TCs, denuncias, fotos…, graves irregularidades e permitiu por inacción a privatización de novo do lixo por outros 4 anos. Non fixo NADA. Nós, vistas as graves irregularidades decidimos acudir ao xulgado. E a nosa obriga e a do resto dos partidos en defensa do común. Eles saberan porque non o fixeron. Co tema dá EDAR, en 4 anos, non foi quen de ir falar coa empresa
concesionaria para saber os problemas de primeira man, debe descoñecer que
esta empresa ten contrato ata o 2024 e polo tanto na próxima lexislatura o
señor Mario Pillado non a vai poder remunicipalizar. Está na corporación por estar, e a velas vir.
Co tema do pavillón se que estivo mais activo o señor Pillado, será porque
profesionalmente e económicamente lle afecta mais ao peto. No tema do
pavillón pode xestionar a sua tramitación pero non prometer porque non hai
cartos para elo, dependemos dá deputación e dá Xunta (como no caso dá
EDAR). En outros aspectos, excepto acompañar nas manifestacións a plataforma sanitaria, non fixo nada de nada. ¿Que promoveu ou trouxo o señor Pilado para Burela por exemplo a nivel cultural?. De feito desapareceu unha asociación cultural moi próxima ao seu partido e que era moi necesaria para a dinamización dá vila sen que o e o seu grupo fose quen de facer nada para evitalo.
Co tema da manifestación polos dereitos sindicales en Sargadelos ¿onde estivo o señor Pillado e o seu partido? Falamos de dúas palabres enormes,
SINDICALISMO e SARGADELOS, independentemente da cor do sindicato, e
novamente non estiveron a altura dos seus votantes. Un señor que se fai
chamar en Sargadelos PATRÓN e eles quedan caladiños. Neste caso CxG foi a
única formación política que saeu na defensa dos dereitos sindicais en
Sargadelos.
De seguir o señor Pillado na corporación todo seguirá sin moverse, á altura do señor Llano.
Executiva local de CxG Burela