Site icon Crónica3.com A Mariña

CS Burela comprométese a facer unha auditoría dos catro anos de xestión socialista cando cheguen ao goberno municipal

Burela, 23 de maio de 2019.- Manuel Vicente, candidato á alcaldía por Cs Burela, comprometeuse esta mañá a realizar unha auditoría “a fondo” do actual grupo de Goberno municipal cando chegue á alcaldía.

Para Manuel Vicente os socialistas “non fixeron absolutamente nada” en temas de vital importancia para o futuro desenrolo do municipio nestes catro anos ao fronte do Concello.

“Burela fai tempo que ten varios problemas perentorios como a xa coñecida necesidade dun novo pavillón deportivo ou dunha nova depuradora; pero tamén ten outros non menos importantes como é a situación da alegalidade na que se atopa actualmente o Cemiterio Municipal; ou a máis que dubidosa xestión das concesións dos servizos de limpeza e recollida de lixos; por non falar das contas municipais” recalcou o candidato laranxa, que afirmou que Llano e os seus compañeiros “ limitáronse a relegar ao caixón do olvido os problemas reais do municipio” e se centraron en ofrecer aos veciños “fogos artificiais e postureo político” con anuncios de xesitión “vacíos de contido”.

Segundo o portavoz de Cs en Burela, a falta de labor de equipo, a descoordinación entre os distintos departamentos e a  escasa capacidade de xestión e control dos socialistas nestes catro anos ao fronte do Gobierno local provocaron “que se lles escapen moitas cousas por unha enorme incapacidade. E iso urxe que cambie”.

Exit mobile version