A.-Axudas de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove: 240,00 euros cada unha.
B.- Axudas de estancia:
1.- Estudantes universitarios en universidades españolas: 250,00 euros cada unha.
2.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 250,00 euros cada unha.
3.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 250,00 euros cada unha.
C.- Axudas de desprazamento:
1.-Axudas para estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal: 300,00 euros cada unha.
2.- Axudas para estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior: 300,00 euros cada unha.
3.- Axudas para estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 150,00 euros cada unha.
4.- Axudas para estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 150,00 euros cada unha.
5.- Axudas para estudantes universitarios en universidades españolas: 150,00 euros cada unha.
Para o acceso a estas axudas terase en conta o previsto nas Bases sobre a renda per cápita familiar, na que se engloban os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia. Para acceder a estas axudas haberá que estar empadrnado e ter residencia efectiva do núcleo familiar no Concello de Xove.
O prazo de presentación de solicitudes abarcará desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo, ámbolos dous días incluídos.