Os 21 concelleiros obtidos pola formación galeguista en todo o país seguiran a construir unha Galicia máis xusta e solidaria.
Os galeguistas convocarán un congreso extraordinario antes do verán, para lanzar o seu proxecto cara as vindeiras eleccións autonómicas.
A formación galeguista non acadou representación en ningunha das grandes cidades e obtivo uns resultados que se poden cualificar de dignos en varios concellos onde entrou nas corporacións municipais.
Compromiso por Galicia xuntará este Xoves, na súa sede á sua executiva nacional, para analizar os resultados deste pasado domingo e comezar a traballar para chegar nas mellores condicións posibles ás eleccións galegas de 2020.
En Europa Izaskun Bilbao, seguirá a defender os intereses dos galegos e galegas na Unión Europea. A Coalición por Unha Europa Solidaria – CEUS – sacou un grande resultado acadando un representante na eurocámara e máis de 620.000 votos.
Os galeguistas que tiraron un resultado moi baixo para as expectativas electorais previstas, aseguraron pese a todo a súa representación en Bruxelas e Estrasburgo.