Madrid, 22 de maio de 2019.- César Mogo, que concorreu o pasado 28 de abril ás eleccións lexislativas nas listas que o PSOE presentou ao Senado na provincia de Lugo, adquiriu a súa condición plena de senador tras prometer acatar a Constitución ante o Pleno da Cámara Alta.
Con anterioridade e baixo a presidencia dunha Mesa de Idade, tivo lugar a constitución definitiva do Senado coa elección, mediante votación nominal e secreta, dos membros da Mesa que presidirá a Cámara Alta durante a XIII Lexislatura, órgano que estará presidido polo socialista Manuel Cruz.
Os novos parlamentarios foron chamados, un a un, polo Presidente da Cámara para, como é preceptivo, tomarlles declaración de acatamento ante un exemplar da Carta Magna.
Unha vez cumprido este trámite, o senador lucense ha tomado posesión do seu escano nas bancadas que no hemiciclo ocupa o Grupo Socialista.
Ao comezo da súa intervención institucional para dar por inaugurado o novo curso parlamentario, Manuel Cruz apelou ao diálogo, ao debate e ao acordo. “Desde a palabra e o respecto ao marco da Constitución, todas as ideas e proxectos políticos son lexítimos. É o corazón da democracia. Honrémola”, engadiu.