Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo no Camiño

 Cervo 19-5-19. 70 persoas participaron este domingo no roteiro entre Sargadelos e San Cibrao, facendo un percorrido de 7 quilómetros. A actividade está enmarcada no programa “Cervo no Camiño”.

Recordamos que co obxectivo posto no Xacobeo 2021 o Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, quere impulsar e poñer en valor o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do coñecido como Camiño do Mar, a través deste programa que foi bautizado como Cervo no Camiño.

A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.

AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO

ETAPA 0: SARGADELOS – SAN CIBRAO (19-05, 7km)

ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,1km)

ETAPA 2: TRIACASTELA- SARRIA (09-06, 18,3 Km)

ETAPA 3: SARRIA- PORTOMARÍN (16-06, 25 km)

DESPOIS DO VERÁN: (DATAS A CONCRETAR)

ETAPA 4: PORTOMARÍN – PALAS DE REI 25 km

ETAPA 5: PALAS DE REI- FRAGA ALTA 22 km

ETAPA 6: FRAGA ALTA- ARZÚA – A BREA 20 km

ETAPA 7: A BREA – O PEDROUZO -SAN MARCOS 21 km

ETAPA 8: SAN MARCOS – SANTIAGO 5.7 km

Exit mobile version