Os asistentes visitaron pola mañá o santuario e a mediodía xantaron e disfrutaron de baile en Cedeira. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, e os concelleiros Lorenzo Penabad e Adela Rodríguez. O rexedor asinou no libro de visitas de San Andrés de Teixido onde pediu saúde para todos: “Querido San Andrés pídoche saúde para os veciños do concello de Barreiros, que hoxe vimos de peregrinos. Moitas grazas”.