Carmen Veiga destacou que “temos un goberno caduco e sen ideas. As promesas que fixo no 2011 seguen vixentes porque non fixo absolutamente nada, aínda que agora, antes das eleccións, finxa que fai. Seguimos sen os saneamentos, sen a EDAR, sen o dragado na ría do Masma…, pero xa non engana aos veciños de Barreiros. Acabouse esta etapa de escuridade, caciquil e de amiguismos do PP”.
“Dende o PSOE imos gobernar para todos os veciños por igual, para que teñan os servizos básicos que merecen. Porque os socialistas poñemos ás persoas por riba dos interese persoais. E o faremos igual que fan os nosos compañeiros no Goberno da Deputación e no Goberno Central, pois para a Xunta do Partido Popular Barreiros non existe. Se non fora polos 2 millóns achegados polo Executivo Provincial o noso Concello non tería un investimento novo en 4 anos”.
“É moi importante que este 26 de maio acudan os barreirenses en masa a votar pola alternativa real de goberno. Polo proxecto de progreso e avance que defende o Estado de Benestar. Polo Partido Socialista”.