A competición arrincará o venres 14 de xuño, cos partidos de cuartos de final. O sábado 15 chegará o momento das dúas semifinais. Mentres que o partido decisivo será do domingo 16 de xuño.
Unha vez que se confirmen os oito equipos clasificados, coñeceranse os emparellamentos e os cruces desta Copa de SM A Raíña. Neste caso, o primeiro na táboa enfrontarase ao oitavo, o segundo ao sétimo, o terceiro ao sexto, e cuarto e quinto veranse as caras.