Na reunión participaron José Novo, Presidente, Sergio Blas, Director Xeral, Jesús Lourido, respolsable de flota e o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Celeiro, Domingo Rey.
A saída da reunión Bernardo Fraga comprometeuse a colaborar man a man co sector pesqueiro de Celeiro co obxectivo de fortalecer as relacións co Concello e tendeu a man a unha colaboración permanente.
Así mesmo, en declaracións aos medios indicou “unha das necesidades básicas de Viveiro é a reparación do emisario submarino comprometido en numerosas ocasións, e que leva anos vertendo na ría sen control, así coma o dragado dos accesos ao porto.
Ademais, entre outras propostas programáticas, analizamos a posibilidade da creación de visitas guiadas á lonxa, para que turistas e visitantes podan coñecer de primeira man, o traballo que se leva adiante nas instalación de Celeiro.