Ademais déronse a coñecer os gañadores dos premios do Certame de debuxo e narración organizado pola Biblioteca Pública de Alfoz que contou con Susi Paz Peña, Lionel Rexes e Hipólito Xeada como xurado. Entre os debuxos recibidos foron premiados na categoría A (ata 8 anos) Mia Santos Eijo, Mateo Pardiñas Hermida e Lorena Carreiras Manzaneque; na categoría B (de 9 a 11 anos) Noemí Vidal Cuba, Lidia Expósito Goás e Noa Martínez Ramos; e na categoría C (de 12 a 16 anos) Laura Pérez Moronta. Entre os traballos de narración recibidos foron premiados Lidia Expósito Goás, Olalla Rodríguez Fraga e Lucía Candia Paz na categoría B (de 9 a 11 anos) e Mara Otero Palacios, Saray Martínez Ramos e Claudia Martínez García na categoría C (de 12 a 16 anos).
A entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 31 pola tarde, xunto cunha merenda que ofrecerá a ANPA e o acto de clausura das actividades extraescolares que organiza a ANPA e o Concello de Alfoz.
Mañá, domingo 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, Alfoz recibirá a Tropa de Trapo con ‘Catro monos’, un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible.