Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares forma un equipo no que combina experiencia e xuventude para seguir a traballar por Cervo os vindeiros catro anos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cervo, 7 de maio de 2019.- Alfonso Villares forma un equipo no que combina experiencia e xuventude para seguir a traballar por Cervo os vindeiros catro anos.
O candidato á alcaldía de Cervo polo PP, presenta unha lista paritaria, integrada na súa totalidade por veciñas e veciños do municipio, e residentes no noso Concello “coñecedores, pois, en primeira persoa, das necesidades da veciñanza; e con moita ilusión, ideas e proxectos de futuro para os vindeiros anos”.
Villares volve rodearse de gran parte do equipo que o acompañou neste últimos tempos; como son Dolores García Caramés (número 2), Mali Méndez (número 3), Alfredo Fernández “Fero” (número 5), Pilar Armada (número 7) ou Plácido Pérez (número 8); “todas/os elas/eles con acreditada capacidade de traballo e coñecedores da realidade de Cervo”; e incorpora nos primeiros postos a David Rodríguez (número 4), a Denise Galán (número 6) e a Sabela Ribas (número 10) “tres mozos de Cervo que se suman ao proxecto e debutan en política con moitas ganas e coa aspiración de poder facer realidade esas ideas que traen para que Cervo poida seguir crecendo”.
Outras novidades na candidatura son José Antonio Gallego (número 11), Mª Carmen Fernández (número 12) e Diego Campo (Número 13). Ademais, Villares quixo contar unha vez máis con Antonio Basanta (número 9), Yolanda Pedreira (suplente), Inés Cobas (suplente) e con José Manuel Balseiro (suplente); persoas activas e con contrastada experiencia; polo que somos un equipo –subliñou- no que están representadas as diferentes sensibilidades.
O candidato á alcaldía adiantou que o programa que presentarán para seguir contando co apoio das/dos cervenses é realista, factible e ilusionante; e está asentado sobre unha xestión económica responsable que permite materializar todos eses proxectos que teñen o único obxectivo de mellorar o día a día de toda a veciñanza en igualdade de condicións.

Exit mobile version