Dende o colexio agradecénllo publicamente. O domingo 16 de xuño haberá un acto no propio centro ás 12:00 (aberto a toda a comunidade educativa e persoas que tiveran algunha relación co colexio durante estes 50 anos) no que falarán Martín Fernández Vizoso, que foi profesor, delegado de La Voz e director de Radio Voz e Onda Cero. Haberá tamén unha exposición fotográfica e visita ás dependencias do cole. Como colofón dará un concerto o coro escolar do colexio de Nois dirixido polo profesor Iván Vale. Ese mesmo día ás 14.30 será a comida do 50 aniversario no Rincón de MIs en Foz.