A piques de cumprir 24 anos, Alejandro Diz Teijeiro (Lugo, 13/06/1995) xa é toda unha referencia no fútbol sala galego cun ampla experiencia na máxima categoría. Tras medrar na base do Azkar Lugo, uniuse ao Club da Loita, ao Santiago Futsal en 2015-16, ata o seu descenso a Segunda LNFS. Esta tempada defendeu as filas de Osasuna Magna, vivindo a súa primeira experiencia en Copa de España e play off de liga.
O club laranxa presentará o lugués nas próximas semanas.