Site icon Crónica3.com A Mariña

Aleix Díaz Salas doble medalla de prata no Campionato galego sub 18 de aire libre

 Ribadeo 28-5-19. Este sábado o ribadense desprazouse ata Vigo para participar no Campionato galego sub 18 de aire libre.
Aleix competía en tres probas na xornada de tarde, empezando ás 17.30 h. nos 100 m.l. Tomaba a saida na 2ª serie e acadaba a 3ª posición da mesma, igualando tempo co 2º clasificado, 11.80 seg., que o levaba á sua vez a mellorar o seu mellor rexistro en 24 cts.
Tres horas máis tarde competía nunha das suas especialidades, os 400 m.l., onde chegaría a primeira alegría da tarde, a medalla de prata, tras parar o crono en 53.28 seg., rebaixando ó mesmo tempo a súa mellor marca en máis de un segundo.
Para rematar a xornada e sen tempo para o descanso, tocaba competir na 4ª posta dos 4*100 m.l., acadando unha nova medalla de prata xunto cos seus compañeiros da Escuela Atlética lucense, cun crono de 43.52 seg.
Estas duas medallas son unha gran recompensa ó traballo da tempada, na que Aleix non puido adestrar ó 100% por estar parte da mesma parado por lesión.

Brais Díaz Salas dobre medalla de ouro e medalla de prata no Campionato Provincial de aire libre.

Este domingo Brais participaba en Lugo no Campionato provincial e seguindo co guión desta tempada, o ribadense competía nos lanzamentos de martelo, peso e xavalina, cuns resultados excelentes, 2 medallas de ouro e 1 de prata.
A primeira proba era o lanzamento de martelo 2 kg., onde acadaría a 2ª posición cuns lanzamentos de 15.84-23.53-22.30-23.27-8.82-23.97 m. respectivamente.
Un par de horas máis tarde competía en lanzamento de peso 3 kg., sendo o atleta que máis lonxe lanzaba a bola e proclamandose medalla de ouro cun mellor lanzamento de 10.86 m., o que supoñía unha mellora de 71 cm. con relación ó seu mellor rexistro. (10.08-10.86-10.19-9.89-9.62-X)
Pola tarde remataría a xornada con outra medalla de ouro en lanzamento de xavalina 500 gr. Nesta disciplina Brais partía coa 2ª mellor marca dos participantes, pero nunha tarde moi inspirada conseguiría superarse por tres veces, o que o levaba a ser o gañador da proba cun mellor lanzamento de 32.76 m. (28.75-32.76-27.57-X-32.13-31.18)

Exit mobile version