Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun cento de socialistas da provincia de Lugo celebraron unha cea para recoñecer o inmenso traballo e dedicación dos compañeiros do PSOE, José Blanco, Margarita Pérez Herraiz, e Ricardo Varela

No encontro participaron o Secretario Xeral do PSOE na provincia, Álvaro Santos, o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a Alcaldesa de Lugo e Presidenta do Partido, Lara Méndez, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o ex Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto a rexedores, voceiros e militantes. Os socialistas puxeron en valor o fundamental labor dos 3 compañeiros durante tantos anos “para que a provincia estivera no mapa, contara coas melloras infraestruturas e as mellores prestacións públicas. Traballaron para que os lucenses tiveran unha mellor calidade de vida”.

Exit mobile version