Ten como autora á bióloga e membro da Sociedade Micolóxica Lucus, Mª Cristina García-Echave Puente, cuxo traballo serio e rigoroso plásmase nesta guía coa que se pon en valor a riqueza micolóxica da Mariña. O acto desenvolverase o vindeiro venres día 31 de maio no Salón de Actos da Deputación ás 20:00 horas, coa asistencia de diversas autoridades. Entregarase aos asistentes, como agasallo, un exemplar do libro ata rematar existencias.