Site icon Crónica3.com A Mariña

A proposta de “Foz, plataforma de Futuro” de que a vila dispoña de varias praza wifi gratuita de alta velocidade será unha realidade

Foz 17-5-19. Dende “Foz, plataforma de Futuro” queremos manifestar a nosa ledicia de que o Concello de Foz fora un dos 20 Concellos galegos seleccionados para a instalación de wifi gratuita de alta velocidade.

Dende a nosa formación traballamos durante esta lexislatura pasada para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas con distintas mocións relacionadas co noso Concello, unha delas era esta, dotar Foz de varias zoas de wifi gratuíta para os nosos xovenes e veciños.
Fai catro anos, cando nos presentábamos ás eleccións municipais, no noso programa iba recollida esta iniciativa, en Xunio do ano 2017 FPF presentaba unha moción no Concello de Foz para que se aprobara esta actuación, e a continuación negociamos unhos presupostos nos que conseguiamos metelo e incluír unha partida económica. Poucos meses despois tíñamos coñecemento de que saían unhas axudas da Unión europea para programas deste tipo, e instamos ó equipo do Goberno do Concello de Foz para que traballara para conseguir estas axudas.
Temos que dar as gracias publicamente a todas as persoas que traballaron para que este proxecto saíra adiante, os técnicos municipais, etc.
Hoxe podemos dicir que o traballo deu o seu froito, e sentímonos participes deste logro para o noso Concello, como sempre dixemos traballamos e traballaremos para que quen saisa beneficiado sexan os nosos veciños. Este é un primeiro paso, “Foz, Plataforma de Futuro” xa anuncia que o seguinte paso vai ser tamén implantalo nas nosas parroquias.

Exit mobile version