Site icon Crónica3.com A Mariña

A potenciación das festas patronais e a Semana Santa de Burela, entre as “ambiciosas iniciativas” que os populares trasladan á directora xeral de Turismo

 Burela, a 14 de maio de 2019.- A responsable das áreas de Turismo e Cultura do Partido Popular de Burela, Sonia López, mantivo un encontro coa Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, no que lle trasladou varias das numerosas iniciativas que os populares bureleses, encabezados polo alcaldable Manuel Rouco, queren poñer en marcha no vindeiro mandato se contan co respaldo dos veciños da vila mariñá.
O programa popular para Burela recolle ambiciosos aspectos en materia de turismo entre os que se atopa dar prioridade á tramitación do expediente de declaración das Festas Patronais de Burela como de Interese Turístico Galego, así como o caso da Semana Santa de Burela, “algo no que o partido socialista local non parece ter o máis mínimo interese porque nada fixo para o seu inicio, co imprescindible trámite plenario, nestes últimos catro anos”.
No caso das Festas Patronais, Sonia López fixo especial fincapé na posibilidade de darlle un “recoñecemento específico ás espectaculares alfombras florais que os veciños e veciñas de Burela elaboran con tanto mimo e paixón”. Para iso, tal e como indicou a Directora Xeral, “sería imprescindible contar cunha asociación forte que sexa referente”.
A candidata da lista popular fixo súas as palabras que no seu día manifestou Rouco: “Burela ten que deixar de ser o irmán pequeno do turismo na Mariña” e para iso debemos facer tódolos esforzos necesarios para “poñer a Burela no mapa turístico”.

Exit mobile version