Entre os puntos máis impootante do Programa de Goberno do BNG destacan:
Equipamentos municipais para a mocidade
● Habilitar espazos de encontro en zonas abertas e en centros cívicos polivalentes
para a mocidade e o asociacionismo xuvenil, dotándoos de contido con actividades
e iniciativas da mocidade e de información de interese para mocidade.
Lecer para a mocidade
● Fomentar a búsqueda de solucións dialogadas (mesas redondas, campañas de
concienciación, etc.) entre os sectores afectados por fenómenos como o botellón e
demais problemas relacionados co ocio xuvenil, de maneira que se concilie o dereito ao
lecer e o dereito ao descanso das veciñas e veciños, evitando a criminalización da
mocidade e valorando a posibilidade de habilitar espazos para a realización destas
actividades (tales como o Casino)
Educación e sexualidade
● Aposta polo establecemento de lugares específicos nas instalacións xuvenís a nivel
municipal para o asesoramento afectivo-sexual da mocidade (Quérote+)
● Realizar campañas de prevención específicas, en particular, sobre as enfermidades
de transmisión sexual (en eventos festivos e musicais como Naseiro), contra a bulimia
e a anorexia (charlas informativas e programas de prevención de transtornos da
conduta alimentaria)
● Elaborar un Plano municipal integral de prevención da drogadición, tendo en conta
a información sobre as consecuencias da drogadición, e as políticas de actuación en
ámbitos diversos (cultural, laboral, tempo libre) coa finalidade de xerar un novo
contexto que non favoreza o consumo de drogas.
Vivenda
● Promoverase vivenda de protección pública para os menores de 30 anos.
● Facilitarase información e asesoramento sobre acceso a vivendas de promoción
pública ou protexidas e sobre as políticas doutras administracións de apoio á merca ou
aluguer de vivendas.
● Impulsarase a creación dun Banco municipal de vivendas en alugueiro nas
parroquias do rural para mozas e mozos co obxecto de facilitar o acceso á vivenda á
mocidade e fixar poboación no rural de Viveiro.
Transporte
● Reclamar da Xunta de Galiza o impulso á creación e mantemento de liñas de
autobuses nocturnas (Noitebús) subvencionadas de carácter local ou comarcal,
encamiñadas a facilitar a mobilidade da mocidade ás zonas de lecer e que contribúen á
redución da sinistralidade nas estradas.
● Poñer en marcha unha liña de axudas para transporte para estudantes
universitari@s e/ou de Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional.
● Promover o transporte saudábel, nomeadamente da bicicleta, dotando a vila de
aparcadoiros seguros para este vehículo en puntos de interese xuvenil (por exemplo:
implantación paulatina de estacionamentos en locais de titularidade municipal e nas
instalacións deportivas municipais).