Site icon Crónica3.com A Mariña

A Galicia Xuvenil máis Laranxa acariña o título Nacional CNFS

 Burela 6-5-19. O combinado de Galicia Xuvenil, do burelista Christian Fustes, proclamouse subcampión do Nacional de Seleccións Autonómicas CNFS disputado esta fin de semana en León. A Irmandiña, co brillo laranxa de Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, viviu unha emocionante final, ante Cataluña (4-5), despois de impoñerse a León e Castela e León na fase inicial.

Resultados:

Galicia 5-1 León
Galicia 4-3 Castela e León

Final: Galicia 4-5 Cataluña

Exit mobile version