Así se desprende dos últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que revelan que nos tres primeiros meses visitaron Lugo máis de 80.000 viaxeiros, que realizaron 156.000 pernoitas.
A capital
O municipio da capital rexistra datos moi similares, cun incremento da estadía media do 8,8%; producíronse máis de 5.000 pernoitas, un arranque de ano que só superou o 2018 -contando coa Semana Santa- e que está, polo tanto, por riba dos exercicios anteriores.
O mercado internacional amosa un incremento moi notable, dobrando os niveis do pasado ano e situándose en preto de 9.000 noites. Outro bo dato para o sector é a subida das tarifas hoteleiras na cidade neste primeiro trimestre –un 4,5% –, situándose en 43,0 euros de ingreso medio por habitación ocupada. Tal circunstancia provoca en esencia que neste período melloren tamén os niveis de rendibilidade hoteleira.