Campos Conde explicou que “con estas axudas contribuímos á actividade que estes colectivos desenvolven ao longo do noso territorio, ofrecendo atención profesional a milleiros de veciños e chegando onde as administracións públicas coas competencias non chegan. Dende a Deputación, iniciamos hai 4 anos un camiño que non ten volta atrás, o de reforzar o conxunto do tecido asociativo lucense no seu conxunto pois é de xustiza”.
Son un total de 16 entidades e colectivos sociais sen ánimo de lucro os que se benefician destas axudas:
– Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) recibe 23.000 euros cos que realizar actividades de estimulación cognitiva e asumir parte dos custes do seu centro de atención.
– Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), recibe 35.000 euros para un programa de intermediación laboral e prácticas laborais de ordenanzas.
– Integración Xitana recibe 10.000 euros para a rehabilitación de vivendas.
– Asociación Penitenciaria Concepción Arenal recibe 24.000 euros para un programa de reinserción laboral.
– Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME) recibe 32.000 euros para un obradoiro de formación prelaboral e para a atención doméstica daqueles usuarios que viven no rural.
– Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE) recibe 12.000 euros para cubrir os gastos do centro de día da capital luguesa e para a contratación dun neuropsicólogo.
– Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) recibe 23.000 euros para a contratación dun intérprete.
– A Asociación Bonhomia recibe unha axuda de 2.000 euros para a posta en marcha na provincia de Lugo dun proxecto de sensibilización co que promover unha visión crítica sobre cuestións referidas ás desigualdades por razón de xénero, cultura, economía, etc.
– Asociación Somos Unidos contra el Cáncer recibe 3.600 euros para sufragar os gastos de aluguer dun piso de acollida para enfermos e familiares de persoas con esta doenza.
– Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada (AFA Chantada) reciben 10.000 euros para a atención asistencial a persoas afectadas e aos seus familiares.
– Down Lugo recibe 12.000 euros cos que financiar o programa de promoción da autonomía persoal e social en vivendas comunitarias.
– Confederación Galega de Persoas con Discapacidade recibe 5.000 euros para financiar o proxecto de dinamización de asociacións de discapacitados da provincia.
– Asociación Lucense de Fibromialxia recibe 3.000 euros cos que colaborar na atención de persoas que sofren esta doenza.
– Asociación Escola Shantidi recibe 5.000 euros cos que colaborar en programas específicos de nutrición e escolarización de cativos en situación de marxinalidade na India.
– Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) con 7.800 euros para financiar o programa específico de atención a persoas con adición aos alcohol.
– Asociación de Persoas con discapacidade de Monforte de Lemos (AGORA) recibe 7.500 euros co que realizou actividades de estimulación cognitiva e habilidades sociais para persoas con discapacidade de Comarca de Lemos.