Viveiro 14-5-19. O BNG de Viveiro segue dando a coñecer o seu programa de goberno, onde no punto 3 do programa, propoñen a creación dun CENTRO DE NEGOCIOS, un espacio individual ou compartido destinado a microempresas, autónomos e profesionais que lles permitan dispoñer dos servicios necesarios para desenvolver a súa actividade a un baixo custo.
“Un centro de negocios, que conte ademáis un espazo de Coworking para a mocidade emprededora que desexe desenvolver os seus proxectos empresarias e así apoiar as fases iniciais de desenvolvemento dos proxecto empresariais”, resalta Miriam Bermúdez, e continúa, “impulsaremos ademais medidas para o desenvolvemento e dinamización do Parque Empresarial de Landrove, a través da participación en programas de axudas e subvencións da Xunta, que permitan mellorar servizos de alcantarillado, seguridade, limpeza ou conservación así como continuaremos esixindo á Xunta a conexión directa deste parque empresarial coa autovía AG-64.”