A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, explica que “esta acción, incluída no Programa de Inmigrantes, é un curso de coidados básicos para maiores dependentes que está dirixido a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender habilidades básicas relacionadas co campo socio sanitario para así aumentar a súa formación e empregabilidade”.
O curso terá unha duración de 50 horas e desenvolverase entre o 10 e o 26 de xuño no Concello de Burela. As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos teléfonos 982 586 000 ou 982 580 609.