A duatleta mariñá recorreu a distancia da proba (10 quilómetros a pé, 40 quilómetros en bicicleta e outros 5 quilómetros a pé) nun tempo récord, por diante de grandes corredoras internacionais. Gañou no grupo 40-44 anos, foi 3ª da clasificación absoluta, con 3 minutos de vantaxe respecto á segunda na súa categoría.
Campos Conde sinalou que “é un pracer recibir a esta campioa de duatlón, demostrando que con esforzo e sacrificio pódese chegar a alcanzar grandes retos. Unha veciña que leva o nome da provincia por todo o país e por todo o mundo.”
Teresa Barreira ademais de campioa do mundo en duatlón estándar, é 3 veces campioa de España en BTT (no 2018 en Logrosán (Cáceres), no 2017 en Alhaurín de la Torre (Málaga) en Aviá (Barcelona) no 2016), e 2 veces campioa de Europa en BTT en ultramaratón, a deportista no 2018 lograba por segunda vez o seu título nunha carreira disputada no Val d’Aran coa participación de corredores de máis de 13 países e afrontando 213 quilómetros de distancia, Teresa repetía titulo nunha das carreiras máis difíciles do mundo. En marzo deste ano conseguiu o seu primeiro título como campioa de España en BTT en ultramaratón.
Teresa Barreira comentou que é a primeira vez que a reciben institucionalmente, para ela esta actividade representa máis unha afección que un traballo aínda que recoñece que os triunfos que acadou son semi profesionais. Este logro supuxo un broche final a esta etapa e agora pretende tomarse con máis calma as competicións.