Guiados polo arqueólogo municipal Abel Vigo, que lles explicou todo con moito detalle, visitaron o Barrio de Vilar (unha pequena aldea restaurada, onde se atopa o Centro de interpretación da Prehistoria), o Menhir da Toxiza, a Mámoa de Pena Muñeita e por último o Castro de Zoñán. Desde a ANPA dánlle as grazas ao guía e ao Concello de Mondoñedo pola súa colaboración.