O rexedor manifestou que “desde o Concello queremos dicir que estamos gratamente impresionados de cómo están indo estas primeiras vintecatro horas desde que se puxeron á venta as panchas, a moeda local de Ribadeo, que pretende dinamizar o comercio local, o comercio de proximidade, que é en definitiva o noso comercio”.
Suárez Barcia dixo que “segundo os datos que me acaba de facilitar o director de ABanca, que é a entidade que está colaborando nesta iniciativa tan marabillosa, dicir que se levan vendidos máis de 230 packs de billetes de panchas, o que significa 7.000 euros e o que ven sendo practicamente 10.000 panchas. É dicir que, en vintecatro horas que puxemos a andar esta iniciativa, xa se canxeou un 25% de todo o que temos previsto vender para que o público, os nosos amigos, os nosos veciños e veciñas de Ribadeo, do Occidente asturiano, da Mariña ou de calquera sitio do mundo, poidan vir aquí e mercar estas panchas que lles servirán para comprar nos máis de 80 comercios que se adheriron a esta iniciativa, cunha substancial rebaixa. Ademais querémolo facer agora, na tempada baixa, na tempada que non hai moita venta, para fomentar este comercio local e que siga sendo un aliciente para seguir coidando o noso sector servizos e o noso comercio ao por menor”.
O alcalde aproveita para animar “ao resto do público para que, nesta semana que entra, aproveite para facerse coas panchas porque vemos que ao ritmo que vai se vai acabar enseguida”.