Site icon Crónica3.com A Mariña

Visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez e en colaboración ca Xunta de Cofradías

Viveiro 10-4-19. Por noveno ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2019 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez e en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.

Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito.

O obxetivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva…. Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca.

As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia.
Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.

Horarios:

Luns 15, martes 16 e mércores 17 de Abril.- ás 18:00 horas
Xoves Santo, 18 de Abril.- ás 12:00 horas
Venres Santo, 19 de Abril.- 13:00 horas
Sábado de Gloria, 20 de Abril.- ás 17:30 horas
Domingo de Resurrección, 21 de Abril.- ás 13:00 horas

O xoves 11 de Abril ás 13:30 horas terá lugar na Praza Maior de Viveiro a presentación dos distintos itinerarios e o programa completo das visitas guiadas da man do propio guía Xesús Martinez, do Presidente da Xunta de Cofradías José Veiga e da Presidenta do CCHV Mª Dolores Perez.

Dende a Directiva da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro queremos agradecer a Suso Martinez que un ano máis acepte ser o guía destas visitas xa consolidadas no tempo e que tanto éxito acadan ano tras ano grazas ó seu bó facer.

E por outro lado, agradecer á Xunta de Cofradías a gran labor que levan a cabo ca organización e promoción da Semana Santa de Viveiro que tan importante é para todos o viveirenses, e a satisfacción que é para nos poder colaborar con eles na organización destas visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro.

APERTURA XOVES SANTO

Este ano, o comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo en horario de mañá, así se dicidiu pola maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas, que é o horario de festivos. Nestas datas de moita afluencia de xente á vila e dous días festivos consecutivos, o comercio abrirá para poder dar servizo comercial tanto á xente da vila como ós visitantes que se achegan estes días a Viveiro.

Exit mobile version