– Proba Deportiva: Sábado 6 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Proba Cultural: Sábado 13 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Proba Artística: Sábado 20 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
– Xogos Populares: Sábado 27 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no pasado mes de marzo.
Este sábado comezarase coa proba deportiva que este ano recupera o tiro con arco, os tiros libre se baloncesto e o brilé. As parroquias estarán representadas por equipos mixtos de 5 compoñentes como mínimo e 10 como máximo. As probas seguirán a modalidade de eliminatorias, comezando por cuartos de final, seguidas de semifinais e final, polo que se realizará un sorteo antes de cada unha delas.
Segundo indica Xabier Pardiñas, Responsable de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, entre as novidades deste ano pódese destacar que “na proba artística cada parroquia deberá concursar no xogo de karaoke Sing Star, no que os xogadores cantan cancións para gañar puntos”. Ademais nas “probas de xogos populares, recupéranse os xogos de tiro á corda, carreira de sacos e carreira á cadeira da raíña2, conservando o xogo da recollida de carocas, “proba que será realizada por nenos e nenas de ata 12 anos e que xa tivo éxito nestes anos”.
Todas as probas deberán contar con equipos mixtos para dar participación ao maior número de xente. Poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro ou segundo grao con estes.
As inscricións realizaranse, a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblioteca Municipal, indicando nome e apelidos, proba na que participa e grao de relación coa parroquia.
Para máis información sobre as VI Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz ponse a disposición dos participantes o email olimpiadas@concellodealfoz.com e o teléfono 647570025.