Site icon Crónica3.com A Mariña

Setenta veciños da Mariña e do Occidente asturiano participaron nunha excursión aos vales do Jerte e do Tormes celebrada a pasada fin de semana

A actividade foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo. Os participantes na excursión puideron contemplar a impresionante estampa dos cereixos en flor que hai nesa zona durante esta época do ano e visitaron localidades de interese como Barco de Ávila, Candelario e Béjar, nas que tamén gozaron da neve, que os acompañou durante parte da viaxe.

Exit mobile version