A actividade foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo. Os participantes na excursión puideron contemplar a impresionante estampa dos cereixos en flor que hai nesa zona durante esta época do ano e visitaron localidades de interese como Barco de Ávila, Candelario e Béjar, nas que tamén gozaron da neve, que os acompañou durante parte da viaxe.