A protagonista neste día será a pintora luguesa Sesé Santiso, que falará sobre o contido do seu último traballo exposto recentemente no museo provincial de Lugo. O cotián revisado ofrece unha mirada máis atenta e repousada sobreobxectos doutro tempo e levanos a apreciar a súa feitura, descubrir a pegada que deixa neles o paso do tempo, encontrar a beleza agochada, levarnos a rememorar algún recordo, algún pesadelo, pódenos devolver, por un instante, os seres que xa non están. O cotián ao ser descontextualizado, dotado dun escenario novo, posto en valor, predisponse a ser interrogado, gana en elocuencia. Deste modo os obxectos e as imaxes son capaces de evocar o vivido, pero, tamén, ofrecen unha oportunidade á suxestión, á imaxinación, potencian unha memoria aberta a contaminacións.
A obra de Sesé Santiso pretende reivindicar o cotián como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, como pegada, como traza visual do tempo, pero, tamén, como aparato evocador. A artista luguesa acubilla as súas costas unha longa traxectoria artística do que son moi ilustrativas as numerosas exposicións individuais e colectivas nas que leva participado desde fai practicamente trinta anos. Actualmente podemos atopar obra dela nos fondos permanentes de diversas como institucións públicas como a Deputación da Coruña, a Delegación do goberno de Guipuzcoa ou a Consellaría de Educación pero tamén empresas pricadas como Caixa Galiza ou Caixa Pontevedra.
As xornadas Sentirmos a Arte terán continuidade o xoves 11 ás 20:30 terá no salón de actos do Cenima cunha palestra a cargo do deseñador Xosé Barro.