O xoves Santo, ás 17:00 horas, na Catedral será a celebración da Cena do Señor, presidida polo señor Bispo; ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento, dende os Muíños. Ás 23:00 horas, na Catedral, é o acto de Adoración Eucarística.
O venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que se celebra na zona da Fonte Vella. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Paixón do Señor e, ás 18.00 horas, procesión do Santo Enterro, que sae da Catedral; mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.
O sábado Santo, ás 23:00 horas, na Catedral a celebración litúrgica comprende bendición do fogo novo e procesión co Cirio Pascual , ademais do canto do Pregón Pascual, Bendición da Auga, e celebración da Eucaristía.
O domingo de Pascua, misa de Resurrección na Catedral ás 12 horas, que preside o Bispo.