Rivera Capón puxo en valor “a calidade dos participantes desta cita deportiva, que este ano conta con preto de 750 inscritos. Que a C42K sexa a 2ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña axuda a que algúns dos grandes corredores galegos se acheguen a esta marabillosa proba, e incluso a nivel nacional, como son os campións Aaritz Egea que nos acompaña, ou Oiahana Kortázar”
A CAMOVI presenta 6 modalidades para adaptarse aos diferentes niveis e idades: C42k (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilómetros), C45 relevos (45 quilómetros en parella), CAMOVIkids e unha andaina solidaria de 11 quilómetros, cun prezo de 5 euros, que serán doados á Asociación Española Contra o Cancro.
A carreira xa foi presentada o pasado mes de marzo na Casa de Galicia de Madrid “co obxectivo de convertela nun referente e unha cita marcada no calendario deportivo e turístico de toda España. Segundo os organizadores preto do 50% das visitas a páxina web veñen de Madrid, polo que quixemos agradecer e darlle unha maior difusión á carreira con esa presentación” explicou a Alcaldesa.
Horario
08:00 horas: Saída da CAMOVI 42K
09:00 horas: Saída CAMOVI C10K desde Aralde
11:00 horas: Saída CAMOVI C21K desde Naseiro.
11:00 horas: Comezo CAMOVI KIDS na Praza Maior.
15:00 horas: Entrega de trofeos ( a expensas de que se completaran todos os premios)
15:30 horas: Peche de crono na Praza Maior de Viveiro.