Cervo, 26 de abril de 2019.- Preto de 600 persoas asistirán á XXXVI edición do Día do Xubilado que celebrará o Concello de Cervo o vindeiro mércores, 1 de maio, tal e como precisou o rexedor cervense, Alfonso Villares.
Ás 11:30 horas está prevista a saída dos autobuses que percorrerán as diferentes parroquias e aldeas co seguinte percorrido:
Autobús 1: Rúa – San Román – Sargadelos – Cervo
Autobús 2: Trasbar – Castelo – A Senra – A Venta – Gondrás
Autobús 3: Figueirido – Cuíña – Espiñeirido – Viladesuso – Río Cobo
Ás 12:00 horas está prevista a celebración da misa no Pavillón da Veiga, seguida de sesión vermú e de xantar na carpa instalada na Praza dos Campos; a continuación haberá baile coa orquestra Lume.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).