Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares inician a campaña con diversos actos pola provincia, “convencidos de que estamos preparados para gobernar”

Lugo. 12, abril, 2019. Os candidatos ao Congreso e ao Senado iniciaron a campaña ás eleccións xerais con distintos repartos na cidade e mítines pola provincia “convencidos de que estamos preparados para gobernar”. Deste xeito, os populares defenderon a importancia de aglutinar o voto da centrodereita, pois “somos o único Partido que xestiona, facendo útiles os fondos públicos”.

Por iso, consideran que, “fronte aos que ameazan a nosa democracia, a nosa resposta é o fortalecemento das institucións”. “É importante unir o voto, xa que canda máis división haxa, mellor lle irá a Sánchez e peor lle irá á nosa provincia e a Galicia”, manifestou a presidenta provincial en Becerreá.

“Non somos un Partido que vive de pancartas e mesmo de eslóganes. Nós nunca gobernaremos a costa de botarnos nos brazos dos que queren romper o país. Para o PP non todo vale. Así o demostramos cando estamos nas institucións, priorizando o gasto”. Como exemplo dito, Elena Candia citou o Plan Único da Deputación; actuación que esta administración puxo en marcha grazas á petición e ao apoio do grupo provincial que dirixe.

Na mesma liña, Jaime de Olano, que interveu xunto a Candia e a José Manuel Balseiro no encontro celebrado neste municipio da Montaña, lembrou que “la estadía de Sánchez en la Moncloa no solo ha servido para destruír el crecimiento económico que había recuperado el país. Hoy tenemos más parados o empresas que tienen miedo a invertir por lo que pueda pasar si Sánchez gana las elecciones. Tenemos experiencia y lo sabemos hacer. Por eso es importante dar el apoyo a Pablo Casado el 28 de abril”, destacaron.

O cabeza de lista ao Congreso, a presidenta provincial e Balseiro pediron o voto para un Goberno que “só se deba a España e aos españois”. “Os aliados de Pablo Casado son os españois. Os aliados do PP somos os españois. Non hai máis que ver os Orzamentos de Rajoy e os de Sánchez. Mentres que co PP os socios eramos a cidadanía, os socios de Sánchez son os vascos e os cataláns. Só aos lucenses nos quería reducir un 35% os investimentos do Estado. Menos mal que estaba o PP para paralo no Congreso e frear esta sangría sen precedentes”, afirmaron.

Pola súa banda, José Manuel Balseiro subliñou que o PP “é o único Partido ao que si lle importan realmente Galicia e os lucenses”. Neste senso, destacou que a Xunta de Galicia inviste por lucense case 20 veces máis que “o sanchismo”. En total, apuntou, máis de 1.300 millóns de euros, “ou noutras palabras, máis de 4.000 euros por habitante, moi por diante do que inviste tamén a Deputación de Lugo”.

“O PP é un #ValorSeguro. O PSOE só lle daba a cada veciño desta provincia 70 millóns de euros, fronte aos máis de mil do Goberno de Galicia”. Por tanto, concluíu, “somos un aval para o emprego, a economía, as infraestruturas…. é dicir, a única alternativa posible para gobernar en Madrid, en Galicia, en Lugo e nesta provincia”.

Actos pola provincia
Na xornada de hoxe, aos repartos na cidade e ao mitin de Becerreá, tamén se sumaron outros actos no municipio de Lugo (Colexio das Gándaras e en Santa Eulalia de Bóveda), así como en O Incio. Os populares continuarán mañá o seu percorrido pola provincia con distintos encontros e co fin de trasladar aos veciños a importancia de que o vindeiro día 28 de abril o Partido Popular acade o resultado necesario para gobernar.

Exit mobile version